A TRIBUNA | O |
05 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.EXISTEN pequenos pero importantes proxectos para que a comarca de Monforte se convirta na zona de Galicia con máis xeneración de enerxía solar. De todos é sabido que existen programas que apoian e subvencionan aos que se deciden a investir en instalacións fotovoltaicas de conexión á rede, cunha rendibilidade non só económica senón tamén medioambiental. Os sistemas que aproveitan as fontes de enerxías renovables Son tan rápidos que se perde de vista a magnitude do que está a acontecer. Asimesmo, xurde unha nova relación entre o usuario e a compañía eléctrica, que ten importantes valores engadidos, como son a reducción da emisión de axentes contaminantes derivados das fontes convencionais, e un considerable aforro de combustibles fósiles. Moitos atópanse tan ensimismados neste debate de acontecementos que non se decatan da transformación económica que xurde coas fontes de enerxía renovable. Na maioría dos casos é requisito imprescindible transportar a enerxía. En cambio, esta atópase perto do lugar de consumo, reducindo así as perdas ocasionadas polo transporte da mesma. Son datos importantes a ter en conta que as centrais fotovoltaicas empregan moi pouco tempo na montaxe destas instalacións e fanno nos nosos pobos mesmamente. A enerxía fotovoltaica inxecta potencia á rede sen restarlle calidade ao suministro, coa posibilidade de obter de forma limpa elecricidade de alto valor comercial. Por todo esto, podemos consideralo un procedemento silencioso, fiable e de baixo mantemento.