Todos somos...

FERNANDO IBARRA

LEMOS

TRIBUNA | O |

17 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

ESTES días sentín medo, sentín ese calafrío que dá a vinganza fría e traballada dun ex goberno facha e dunha xustiza cega. Sentino porque en Lugo se «celebrou» o xuízo en contra de Anxo Moure, cando en realidade o xuízo era en contra da liberdade de expresión de todos. Crer perigoso o levar carteis, mochilas e carautas prodúceme arrepíos, por ter que recordar as falsas denuncias, ameazas, represións, falsidades de todo tipo e campañas de acoso que tanto o ex goberno de Fraga como os alcaldes e concelleiras de Cultura de turno fixeron. Quero recordar, a modo de triste exemplo, ao membro de Nunca Máis de Lugo condenado polo grave delito de terse manifestado diante de Mariano Rajoy, ou daquela outra á cal ameazou o ex presidente Fraga con darlle dúas hostias, aos sindicalistas da CIG no labor de piquetes informativos... Que saiban que Anxo Moure non só é un nome, senón que el representa a quen todos os días pelexa por un mundo xusto e ceibe de gobernantes e xusticieiros totalitarios. Anxo Moure somos todos.