«O festival debería considerarse coma un patrimonio da cidade»

LEMOS

PILI PROL

Entrevista | Manuel González Álvarez

09 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Está vencellado directamente co festival de cine. Manuel González Álvarez, peza fundamental do sector audiovisual de Galicia, recollerá o sábado, no marco do certamen ourensano o premio Aisge pola súa laboura neste sector. Ourensano de nacemento, o seu curriculo é extenso e cabe salientar que foi a mediados dos oitenta, como responsable da política audiovisual da Xunta, un dos que institucionalizou as primeiras axudas do audiovisual. Tras anos traballando nos sector, na actualidade forma parte do Gabinete da consellería de Cultura. -¿Como recibe iste galardón? -A verdade é que son unha persoa negada para os halagos e premios. Pero iste é especial máis que nada porque provén de Aisge, unha agrupación que defende os intereses dos artistas e dos creadores. -Vostede colabora dende hai anos co festival, entre otras cousas, coordenando o ciclo Cine e emigración, ¿Que lle parece recibir o premio neste marco? -Eu son un gran defensor do certame. Paréceme a todos os niveis, en contra doutras opinións, que Ourense é unha cidade digna de ter un festival. A estas alturas o festival debería considerarse coma un patrimonio da cidade por parte dos ourensanos. Debería de haber un sentimento de unión e apoio a unha iniciativa que está no seu momento de consolidación. -¿Coma ve o futuro da cita ourensana? -Montar un festival é unha cousa moi compricada e que se consolide é moi difícil, porque hai moitos festivales en moitos sitios. Penso que ao festival de Ourense fáltalle que a xente de fora de Ourense o coñeza, porque hai actividades que son moi diferentes e innovadoras, coma son as xornadas de formación. Son cousas que a xente non valora porque se queda soamente coa alfombra roxa. -¿Cre que estamos a falar dun referente galego en canto a festivais? -Polo de agora, eu son un defensor deste festival e dende isa filosofía é o único que está na rede europea de festivais. Tivo que superar unha serie de requisitos que non teñen cumprido outros. Polo que vexo, é o máis interesante que hai no panorama audiovisual de Galicia. Hai outras cousas moi ben feitas, pero se houbera que definir un festival, este é o que marca as diferencias no marco galego. -¿Como plantexa a súa participación no certamen? -Comprometinme a aportar un grao de area, facendo unha pequena homenaxe a emigrantes que se adicaron ao cine, dentro do ciclo Cine e Emigración Da miña tese de doctoramento teño localizados sobre 140 persoaxes relevantes, especialmente e latinoamérica. Asique hai ciclo para rato. -Dende o lugar que ocupa na actualidade, coma membro do Gabinete da consellería da Xunta, ¿que pasos debe tomar o audiovisual galego? -Todo país con lingua propia que non aposte polo audiovisual está condenado a desaparecer. Xa o deciamos daquela, no otitenta e catro, e hoxe está máis craro que nunca. Dende esta consellería, na que eu estou a colaborar no deseño da política audiovisual, tentaremos que o tecido profesional, humán e creativo que hai neste país teña posibilidades de desenvolverse. Trátase simplemente de apostar por un cinema con mirada propia e con identidade propia.