Felices broncas

ANDRÉS PAVÓN

LEMOS

TRIBUNA | O |

20 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTA semana vivimos en Chantada unha certa polémica sobre a futura comisión de festas. Antes houbo polémica pola proposta do PSOE e dos empresarios (¡vaia mestura!) de axeitar as datas dos festexos ao calendario dos chantadinos emigrados e á exigua duración dos salarios. Tampouco os premios do Folión se libraron do conflito e lembro o «disturbio» froito dun malentendido da pancarta en reclamación do pago do canon naqueles días de celebración parroquial. En teoría, as festas son unha época de reencontro, lecer, disfrute, troula e confraternidade. Semella que na vila do Asma non é así. Un amigo meu recomendaba trasladalas a novembro porque os músicos son máis baratos e se amenizaría o longo e triste outono... Non o vexo. Neste cincuentenario da morte de Ortega y Gasset, os chantadinos facemos honor a unha das súas visións sobre España: inexistencia dun obxectivo común e imposibilidade de alcanzalo en caso de dar con el por disputas internas. Eu apuntaría que o obxectivo, se cadra, é o de estar sempre á gresca entre nós.