DESDE EL ADARVE
15 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.FREO e marcha atrás. Polo menos na Xunta van intentar corrixir o rumbo. Refírome á abraiante situación de pobos que morren de vellez e abandono. Levaban anos de paus seguidos. O agro nunca puido zafarse do sistema político da clientela, e así perdeu servizos e peso nunha economía con características propias. Visto o visto, a xente pecha, vende a cota e os pinos, compra piso en Lugo (aínda que sexa para telo baleiro) e xa nos veremos pola romería ou na festa dos vellos. ¡Saúdos aos xabaríns! Touriño tenta poñer remedio e di que reducirá un 50% as cotas da seguridade social para o rural. Está pensando en darlles máis responsabilidades ás mulleres, por se tiñan poucas, pero é consciente de que son elas as que poden corrixir un pouco o desastre da «Galicia interior», eufemismo para dicir Lugo e Ourense, como cando din Eixo Atlántico para xuntar a tensa prosperidade da Coruña e Vigo. Sorte, e a ver que sae.