DESDE EL ADARVE
10 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.MAÑÁ comeza a caza, a menor, a de sempre en Galicia. A Xunta e os cazadores levan negociando algúns cambios na Lei de Caza dos que non sabemos cómo se plasmarán na realidade. Os cazadores din que ata que saian as primeiras sentenzas polos accidentes de tráfico con animais procedentes dos coutos, non se saberá de verdade quen pagará. En todo caso, a intención é que os cazadores paguen menos polos seguros. A Administración negocia con eles, así que aposto a que seremos os condutores os paganinis . Por outra banda, anúnciase a obrigatoriedade dos controis de alcoholemia para os cazadores. Pero ¿onde porán o límite? ¿No 0,25 coma nos conductores? Desde logo entendo que manexar unha escopeta é tanto ou máis perigoso que levar un vehículo. E tamén cae de caixón que as granxas cinexéticas non poidan vender pezas mortas, como ata de agora de permitía. Son granxas, non matado-iros.