TRIBUNA | O |
04 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.PARECE que xa se pode dar por seguro que o Parador de Monforte non pechará durante o inverno. A longa tradición que ten Monforte de levar paus e disgustos institucionais de todo tipo aconsella a cautela. Xa veremos se efectivamente se cumpre este designio, tan demandado durante moito tempo. Pero o caso é que, se todo vai ben, durante os próximos meses, o parador monfortino poderá recibir visitantes que -sexan moitos ou sexan poucos- farán tamén a súa modesta contribución á economía local. E é posible que neste tempo haxa quen se anime a organizar congresos e outras reunións en Monforte. E durante ese tempo, a promoción turística de Monforte e da Ribeira Sacra manterase nun estado máis activo que se o parador estivese pechado. En fin, o parador aberto dará uns beneficios que poderán ser máis ou menos importantes, pero que sempre serán de agradecer nunha zona deprimida como esta. Uns beneficios que Monforte estivo perdendo durante demasiados meses.