Ruxir ou rexer

ANDRÉS PAVÓN

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

03 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

LEMBRA Miguel Ángel Aguilar unha tertulia madrileña na que se debatía se o ruxido do león se producía expulsando aire ou, pola contra, colléndoo hacia os pulmóns. Cando chegou un circo e puideron sair de dúbidas, o grupo derrotado increpou ó león ó grito de ¡Así no se ruge! Algo semellante está a pasar co BNG e a súa relación co Goberno de Madrid. Non é que o Bloque deba celebrar coa cucaracha , como Ronaldo e Robinho, os presupostos do Estado, pero os nacionalistas forman parte do Goberno Galego e o que deben facer é explicar cómo se vai aproveitar e xestionar o que o Estado invirte en Galicia (o ruxido do león) e despois aclarar por qué non lles parece suficiente o gasto. ¿Ou é que botan de menos estar sempre á contra? Como aquela veciña de Chantada que odiaba a morte ó seu home pero que, cando éste finou, decía: Chegan as dez da noite e parece que che falta esa repugnancia na casa. Ainda que, ben pensado, sería bo que os Novos Irmandiños enarbolaran a bandeira da rivindicación permanente.