Hostaleiro e cliente

CARLOS VÁZQUEZ

LEMOS

TRIBUNA | O |

29 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NIN SE pretende metelos a todos no mesmo saco nin se lles quer amolar. Pero convén que a hostalería se fixe máis nos detalles. Son eles, os hostaleiros, os que máis deberan furgar na unión se é preciso para ofertar algo distinto ao turista que vén a Lugo. Innovar é un dos mellores ingredientes. Pero outro, sen dúbida, é ofrecer un mellor servizo cada día. Para que o cliente volva a sentar á mesma mesa. Por certo, ás veces que unha coxee non é peor co xeito que teñen algúns de servirnos. Dixen algúns. Cada vez son menos, iso si. A xente fíxase. Máis do que parece. Ofrecer un mal servizo ou que un local non cumpra co máis elemental pode e de feito é así, danar e ben ao resto dos hostaleiros. Eses que si se esforzan non só en dar senón tamén en causar boa impresión. Máis ca nada para que o cliente se faga tal e volva. Inda que sexa turista. Para que sexa así, tamén o Concello e a Xunta deben velar para que se cumpra coa normativa en seguridade, hixiene, etc. Dicir iso non é dicir facérlle-la vida imposible aos que con moitas máis dificultades das que semella -non todos afortunadamente- levan adiante o seu negocio de hostalería