Molestias e obras. Eterna dúbida

| SUSO VARELA |

LEMOS

DESDE EL ADARVE

13 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O PP do Concello lamenta que dous espazos demandados polos lucenses durante o verán, e tamén polos turistas, como son a praza Maior e o Paseo do Miño, estean en obras e fóra do disfrute dos cidadáns. Piden máis previsión á hora de facer as obras, recoñecendo que sempre van a crear molestias. O caso da praza Maior é un claro exemplo. ¿Cal sería a mellor época para andar fozando nela? No outono, en pleno inicio escolar e San Froilán, non. E no inverno, se chove, ¿quedaría ben rematado o traballo? Falando do Paseo do Miño, un ano máis os lucenses non poden disfrutar dunha área fluvial e aínda por riba pechan unha zona de esparcemento para soportar mellor o calor. Pero, ¿cando se fan as obras nunha zona onde o mal tempo non permite traballar con comodidade? Se lles digo a verdade, son preguntas difíciles de contestar.