A espera segue

LEMOS

FOGONAZO | O |

08 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

TAMPOUCO foi desta vez. A pesar do que se anunciou hai poucos meses, a Xunta non comprou a ferrería de Seoane do Courel. Hai xa seis anos que se restaurou o histórico edificio e aí continúa el, pechado e morto de risa, sen que se poida rendabilizar o seu atractivo cultural e turístico. ¿Canta xente o podía ter visitado nestes anos? Cousas como esta non deberían considerarse normais.