Unha de reciclaxe

| XOSÉ CARREIRA |

LEMOS

DESDE EL ADARVE

14 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTOUTRO día o carteiro deixou na caixa do correo da miña casa un folleto no que me informaban de como teño que facer a reciclaxe do lixo. Os plásticos deben ir para o caldeiro marelo; o papel e o cartón para o azul e os vidros para o verde. Se fago iso e poño unha etiquetiña nos meus desperdicios pois resulta que teño a posibilidade de gañar nada menos que unha prancha maravillosa que frite as cousas dun xeito natural, sen aceite. Agradezo a quen decidiu que a mín e aos meus veciños nos repartisen esa propaganda para instruírnos do que temos que facer co lixo. Síntome algo depre porque resulta que non vou poder optar as fritideiras que regalan, porque o único contenedor que teño é verde e para el vai todo e, polo visto, aínda teño que dar grazas. A reciclaxe é só para os que viven nas cidades e vilas. Os das aldeas fan co lixo o que poden. En moitas nin hai recollida.