Ese parador

LEMOS

FOGONAZO | O |

29 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

DOS tres paradores galegos que pechan durante o inverno, o de Monforte é o que produce máis beneficio económico, ou polo menos o que menos perdas provoca. Velaí un curioso dato que nos sirve de pretexto para reclamar unha vez máis que este establecemento permaneza aberto todo o ano. E unha cousa máis: aínda que os paradores resulten deficitarios, hai que supoñer que o Estado non mantén estes establecementos para facer con eles excelentes negocios, senón para axudar a potenciar o turismo en zonas que o necesitan. E iso aquí necesítase de verdade.