FOGONAZO | O |
28 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.TIVERON que pasar seis anos enteiros para que se chegase a un acordo que permita -¡por fin!- abrir ao público a vella ferrería de Seoane do Courel, que xa estaba restaurada desde 1999. Sempre é mellor tarde que nunca, pero moito mellor tería sido que este problema estivese xa solucionado desde hai seis anos, ou cinco polo menos. A antiga fábrica siderúrxica pasou todo este tempo morta de risa, en vez de estar atreando visitantes, o que non é precisamente unha boa noticia. ¿Cantos beneficios podía ter producido se tivese estado aberta todos estes anos e a cada visitante se lle cobrase, por exemplo, un euro de entrada? En fin, agora hai que esperar que non se demore moito a habilitación dese museo etnográfico que pretende crear a Xunta na ferrería, porque o tempo perdido xa foi bastante, por desgraza para o Courel e para toda o sur lucense.