Momento oportuno

ANDRÉS PAVÓN RAMÍREZ

LEMOS

A TRIBUNA | O |

22 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

UNHA vez máis, Manuel Fraga utilizou a súa sabiduría política para antepoñer a defensa de Galica aos interes partidistas. O Goberno de Zapatero agravia continuamente ao noso país e eso non se pode tolerar: eleccións para o 19 de xuño. Se ZP pensou que podía engañar ós galegos subindo as pensiósn e as becas e incrementando en máis dun 50% o gasto do Estado en Galicia, estaba moi equivocado. ¿Qué son esas subidas comparadas cos centos de miles de millóns de euros que Galicia manda todos os anos para manter a Madrid, Barcelona e Bruxelas? A tanto chegou o expolio que a Xunta tivo que gastar 30.000 euros dos nosos cartos para denunciar na prensa este abuso. Ainda me parece pouco gastar. Os socialistas, sempre tan cortos de miras, din que as eleccións se adiantan para favorecer ó PP e empregan como argumentos as seguintes sandeces: 1º Que o 19 de xuño os estudiantes están de exames e non poden votar: Falso; a xenté nova sempre amosou a súa preferencia por un presidente para o futuro como é Fraga. 2º Que a data escollida coincide co pago do IRPF e a xente pode estar contra o Goberno ZP. Falso; as elevadísimas rentas de Galicia permítennos afrontar ese imposto sen inmutarnos. 3º Que Fraga aproveita o «efecto Ratzinger». Esto pode ser certo: se a Igrexa Católica non se equivocou nunca en 2005 anos non o ía facer agora. Así pois, graciñas señor Baltar, perdón Fraga, e siga así.