Extremos

XOSÉ M. RODRÍGUEZ

LEMOS

EN Beade coinciden tódolos anos os dous extremos ideolóxicos de Galicia: Senén Pousa e os seus nostálxicos franquistas e os mozos independentistas galegos. Eu vou destes, non por nada senón porque polo de agora non mataron a ninguén nin deixaron fosas comúns estradas polo país logo de provocar unha guerra contra un goberno lexítimo. Se a Subdelegación emprende accións contra os nacionalistas, ¿por que nunca o fai cos que exhiben elementos anticonstitucionais?