Viaxar con Xulio Verne

CARLOS VÁZQUEZ

LEMOS

A TRIBUNA | O |

30 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

MOITOS de nós gardamos recordos infantís atados aos libros de Xulio Verne. Se é así, non deixen de ver a exposición que se exhibe no Uxío Novoneyra. «Xulio Verne, unha viaxe ao futuro» permite ollar edicións coidadas de obras tan coñecidas como La vuelta al mundo en 80 días , Veinte mil leguas de viaje submarino , Viaje al centro de la tierra , Miguel Strogoff ... Abonda con observar algúns dos obxectos que se exhiben, descritos polo visionario, para deixar andar a imaxinación. Chama a atención un casco de bronce dun escafandro, que pesa 35 libras e mide 45 centímetros de altura. Claro que, exploradas as profundidades dos océanos, pensando no Nautilus , o visitante fixará a súa mirada nun reloxo de camarote semellante ao empregado polo capitán Nemo, ou nun xogo de xerras de cristal que son unha reprodución das empregadas a bordo do submarino. Outra das posibilidades (sobre todo para os afeccionados aos prospectos) é ollar algúns dos carteis que levaron ao cine obras de Verne, tales como La isla misteriosa (con Sharif), Miguel Strogoff , dirixida por Carmine Gallone en 70 milímetros. Dito o cal, nada é comparable con ler os libros do escritor francés