06 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.
FALA que algo queda. Aínda que só sexan titulares. Dúas semanas de amagos, de declaracións, de ceas e de fotos non nos deixan máis que palabrería. O final deste filme estaba claro dende o primeiro intre. Tanto, como que ninguén saberá nunca o guión. Nunca estivo claro o que pedían os da boina, nin de que se defendían os do birrete madrileño. Era só un xogo de poder, de mover peóns cos votos dunha provincia utilizada como moeda de cambio. Como no rol pero con portadas.