LA TRIBUNA | O |
29 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTE mundo abrúmame, encolerízame, exáltame. Aznar afirma en Georgetown que o problema de españa con Al-Qaeda comezou hai 1400 anos, cando os árabes invadiron España. Esquece Aznar que hai 1400 anos non existía España. Pero non pasa nada (y Rajoy lo nombra presidente de honor, que manda mecha en La Habana). Un quere reconciliarse con Aznar, coa soberbia de Aznar, y Aznar se lo pone difícil. Un quere crer que os alcaldes son alcaldes por vontade popular e non por vontade divina, pero tampouco pasa nada, e Baltar e compañía levantan teléfono y los ponen a todos firmes. La sombra del virrei, es alargada. Como unha novela de posguerra, un canto de desesperación, unha lúa en medio do deserto. O escepticismo é a única ideoloxía que defendo. A disidencia de todo e de todos, excepto das barras dos bares e dos boleros, dos poemas de amor e do amor sen poemas. Esta provincia está marcada polo bipartidismo, é dicir, é unha provincia partida en dous. Como a España de Machado: de charanga y pandereta. Somos un clavicordio tocando un réquiem perverso. Unha estación sen tren de regreso. Perdemos o pasado, o presente. Y qué te juegas... el futuro también.