Flores para o poeta

La Voz

LEMOS

Terra adentro O Concello de Monforte adicoulle onte unha ofrenda floral a Manuel María na rúa que leva o seu nome. O acto estivo presidido polo alcalde, e recitáronse varios poemas.

10 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A corporación de Monforte fíxolle onte unha ofrenda floral e un homenaxe a Manuel María . Foi á unha da tarde na rúa que leva o nome do poeta, no barrio dos Abeledos. O acto estivo presidido polo alcalde monfortino, Severino Rodríguez , quen destacou nun sentido e breve discurso a capacidade de diálogo do Manuel. Lembrou a súa participación na vida política do concello na primeira corporación democrática e aseverou que él é hoxe alcalde gracias ó traballo que fixeron antes o Manuel e outros colaboradores. Destacou tamén a súa coherencia persoal, e a gran figura que foi para Monforte, onde deu todo canto tiña do seu saber e da súa personalidade. O profesor lembrou o seu traballo como membro fundador da asociación cultural Castelao, e o seu profundo compromiso ético coa língua e a cultura, «que a nós nos corresponde continuar», dixo Verao. A que fora diputada e concelleira socialista durante a primeira corporación democrática en Monforte levou un pequeno libro de fabricación artesá -unhas cuartillas grapadas- que conteñen pezas diversas en prosa e verso escritas polo poeta hai moitos anos. Explicou ante as máis de cen persoas que asistían ó acto que aquelas follas foron escritas polo propio Manuel na súa vella máquina de teclas. Son diferentes composicións sobre Monforte que o poeta quería gardar para sí mesmo cando se marchase de Monforte. Pero no ano 88, cando foi declarado fillo adoptivo da cidade, regaloullas á súa amiga Margarita Rodríguez Otero. E ela, onte, mostrounas, e leu o poema sobre el río Cabe, que era un dos que estaba nese libriño, e que finalmente tamén foi publicado anos máis tarde noutras obras. Dixo que era un libriño moi especial para ela, do seu amigo Manuel. Íntimo amigo do Manuel e bo coñecedor da súa obra, foi outro dos asistentes ó acto que tamén leu algúns versos do autor con profundo sentimento. Antón Patiño sumouse tamén ó homenaxe con colaboración propia. Leu un poema composto antonte por él mesmo en memoria do Manuel, que tamén foi publicado nas páxinas de La Voz de Galicia. En definitiva, foi un acto moi sentido tanto polos que falaron como polo público, que gardou un emocionado silencio durante toda a ofrenda floral. Boa parte dos asistentes tamén estiveron pola tarde no cemiterio de Outeiro de Rei onde o corpo de Manuel María recibiu sepultura á última hora da tarde.