A TRIBUNA | O |
21 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.AGORA QUE os futuros estudiantes coñecen, para ben e para mal, a nota de acceso ás carreiras universitarias, se cadra toda a familia irá xa máis tranquila á praia. Claro que ao mellor acontécelles como a uns que sei eu, que desprazáronse ata a costa atlántica e atopáronse como en tantas ocasións na cantábrica: co día anubrado. Rabeando, aínda así porían o bañador; estenderon as toallas na area, espallaron por alí as bolsas, abriron incluso o parasol e por se acaso untáronse de bronceador. ¡Como din que nos días anubrados inda colle máis...!, explicaron. Xa estaban en pleno baño cando chegou ameazante unha grande nube negra. Tanta présa traía que axiña dixo ao que viña. E foi tal o ballón que o marido saíu correndo a socorrer ao seu sogro para que non se mollara. Mentres, a súa muller berraba dende a auga que metera todo baixo a antuca. Total, que o xenro preguntoulle ó sogro se quería que o axudara a chegar ata o coche, ao que este negaríase, alegando que non fixera tan longa viaxe para meterse entre catro latas. Así que o xenro cheo de razón vai e dille: «Pois logo quede aquí que eu volvo á auga para non mollarme». ¡De risa!