TRIBUNA | O |
23 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NUN CONCELLO de Galicia cuxo nome non lembro agora -desculpando-, resulta que tiñan necesidade dunha ponte. Non lles facía falla unha como para atravesar o Miño, chegaba cunha ben pequena. O problema que tiñan era que cando medraba o seu río quedaban incomunicados. Así que pedíronlle a iso tan difuso como é a Administración que a fixese, pero dos 160.000 euros que ao parecer custaba, só aportaba unha pequena cantidade. Así que tiveron que ser eles, os administrados, as mans do pobo, quen cargara ao lombo co traballo de facela. ¿Lémbranse de cando foi do Prestige ? Tamén foron os mariñeiros os que primeiro actuaron namentres os administradores cazaban. En fin, cousas que pasan. O caso é que os veciños viñan servíndose da ponte até que lles comunicaron que llela van tirar. Porque non reúne as condicións de seguridade, etc. Pero din que non están dispostos a que ocorra sen que antes lles fagan outra. Unha señora xa maior pronunciábase así ante as cámaras da TVG : «Pasarán por riba de nosoutros, pero non imos consentilo». Outra lamentábase dicindo que ata o de agora vivían moi tranquiliños alí. ¡Ai, pobre dos mal administrados!