O espíritu do 36

XERARDO ALVAREDO

LEMOS

LA TRIBUNA | O |

10 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

"ROJOS Y nacionalistas al paredón". Este é o texto dunha pintada aparecida unha noite destas en Sarria. Hai algunha xente á que lle costa asimilar o concepto de democracia. Mentres poden manter os seus intereses mercando os votos non necesitan pasar a outros procedementos, pero agora parece que comezan a porse nerviosos. Quizás estemos ante o final dun ciclo, quizás esté a punto de chegar a democracia, quizás estemos asistindo á verdadeira transición. Unha sociedade organizada que, a pesar dos intentos fascistas por impor o terror e a sumisión, é capaz de expresarse, de decir o que pensa e incluso de acadar obxectivos colectivos, non ten medo. Somos moitos os que nos sentimos afectados por esta mostra de cobardía e miseria moral, pero por ir facilitándolles o traballo: eu son "rojo" e nacionalista, ídeme poñendo na lista.