No certame de Monforte houbo vinte premios

La Voz

LEMOS

19 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

No apartado colectivo de barrios, o xurado do certame municipal concedeu dous primeiros premios, un a A jet-set do Fabeiro vaise de voda real e outro a Voda rea l, da residencia Prodeme. Houbou tamén dous segundos premios, un para As lavandeiras da Florida e outro para Parteira en apuros , da rúa da Coruña. Nesta categoría houbo accésit para os grupos Nós si , da rúa das Hortas, e Despedida de solteira de Letizia , de Carude. Na categoría individual , o primeiro premio recaeu en Nos vamos de crucero , do centro de maiore de Caixa Galicia, e o segundo en Facendo caldo de grelos , da rúa Malvarón. Houbo un accésit para Pasa que cea s, do barrio do Casar. En canto aos centros de ensino, na sección colectiva, o primeiro premio recaeu en Feminino plural, pluralísimo , do Colexio Novo, e o segundo en Buenas noches, hasta mañana , do Colexio Ferroviario, e Voleibol Ribeira Sacra , da gardería de Caixa Galicia. Na sección individual, houbo primeiros premios para Unha real noiva , do colexio A Gándara, e A comadre de Monforte , da Apa dos Escolapios, e dous segundos premios para Muller salsera , do Colexio Novo e A raíña das abellas , do Divina Pastora. Os premios individuais foron para Arturo Vila, Luz Timiraos e Pachi