?s proxectos previstos para este ano, en opinión do presidente do consorcio, axudarán a mellorar considerablemente as condicións de vida dos veciños dos Peares e a fisonomía da localidade. Neste sentido, Manuel Seoane considera que as novas obras darán continuidade ós diversos proxectos executados durante os últimos meses con este mesmo obxectivo. Os responsables do consorcio sinalan que por iniciativa deste órgano se acondicionou a explanada da estación e foi construída a rampa de acceso á igrexa da Granxa. A Deputación de Ourense sufragou as obras da nova ponte sobre o Búbal e as dun muro de contención que permitiu habilitar un pequeno parque con estacionamentos no Torrón. A Deputación lucense correu cos gastos do acondicionamento da estrada da Granxa, que tamén necesitaron muros de contención.