Gómez Ledo

LEMOS

FOGONAZO | O |

12 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

UNHA OBRA importante do escritor chantadino Avelino Gómez Ledo, a traducción da Eneida ao galego, leva dormida e esquecida máis de 26 anos nos arquivos do mosteiro de Oseira. En todo este tempo, as institucións culturais dependentes do Goberno galego non se lembraron dela. Tampouco se preocuparon moito de reeditar outras obras valiosas de Gómez Ledo que apareceron hai máis de corenta ou máis de setenta anos e das que só se pode encontrar algún que outro vello exemplar nalgunha que outra biblioteca. E ten que ser precisamente un marxista impenitente como profesor Xesús Alonso Montero quen reclame máis atención e máis coidado para a herdanza cultural dun católico integrista como Gómez Ledo, porque as institucións galegas gobernadas polas forzas conservadoras non se molestan o máis mínimo en conservar a obra dun escritor galego profundamente conservador. É unha desas cousas tan curiosas que acontecen con tanta frecuencia neste país tan peculiar. Algo nada raro.