FOGONAZO | O |
02 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NON É nada normal ver as rúas do centro de Monforte cheas de xente ás oito da tarde nun día de outono ou de inverno. Para que isto suceda, ten que estar pasando algo. Como que se estean a celebrar as festas de Nadal, por exemplo. Unha vez pasadas as festas, o centro urbano recobrará o seu aspecto habitual, o mesmo que ofrecían antes: rúas vacías, locais desertos... Un aspecto mortecino que indica bastante ben cómo anda a situación económica e laboral do municipio e do resto da comarca. E o malo é que todos eses millóns que se gastarán nos fastos do Xacobeo non van conseguir que estas rúas se vexan máis animadas.