Título cue

LAGO LAGE

LEMOS

SECCIÓN | O |

05 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A tendencia do goberno de Aznar a manipula-los argumentos dos socialistas, ata o punto de arremeter contra nós por dicir aquelo que non dixemos, chega ata a paranoia intelectual e roza os límites do fusilamento dialéctico nun clima de preocupante involución mediática e perda de dignidade democrática. Téñeno feito hai días cando dixeron que os socialistas queriamos "aniquilar" a Garda Civil, sendo a nosa proposta a do mando único nas forzas de seguridade para evita-la descoordinación e as rivalidades corporativistas dalgúns mandos, que non fan outra cousa que restar eficacia policial e poñer en tela de xuizo a seguridade. Máis coordenación e mando único nas forzas de seguridade do Estado e abrir o debate sobre a desmilitarización da Garda Civil non xustifican a perversión da mensaxe subliminal que o Goberno e os seus ben recompensados pregoneiros pretenden trasladar á cidadanía, «los rojos quieren cargarse la Guardia Civil que nos protege y vela por los españoles». Son esas voces que nos acusaban de defender a Sadam, de alegrarnos polos mortos en Irak ou accidentes aéreos e ferroviarios e de desexa-la desgracia do Prestige sobre Galicia. Sobran as palabras, esto si que é facer política "sen complexos".