A TRIBUNA | O |
17 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.NO ANO 1907, González Besada, daquela ministro de Fomento, promoveu o primeiro decreto sobre a concentración parcelaria en Galicia. Ó seu despacho chegara un informe sobre a excesiva subdivisión da terra no que se citaba o caso dunha leira de 92 metros cadrados con tres propietarios. Un deles era dono do terreo, outro herdara o único castiñeiro da finca e o terceiro tiña os dereitos sobre as castañas. O xornalista monfortino Manuel Veiga cita no seu libro máis recente, O pacto galego na construcción de España , un artigo moi revelador da situación do campo nos comezos do século pasado recollido pola prensa da época: «Es muy fácil hallar en nuestras aldeas niños que sepan cuál es la capital de China o del Japón ..., pero no hay quien nos diga cómo se hace un análisis mineralógico, cómo se podan nuestros robles o cómo se elabora un buen vino». En consecuencia, os rapaces vían con desdén o campo e fuxían ás cidades -continúa o artigo- «a riesgo de ser víctimas de ilusiones descorazonadoras». Case un século despois, a concentración parcelaria segue a ser un obxectivo para a recén creada comunidade de regantes, e da escola de capacitación agraria mellor nin falar. Así a todo, algo cambiou dende os tempos de González Besada. Nas aldeas xa non hai rapaces tentados de fuxir á cidade.