O pai de Manolito

LEMOS

TRIBUNA | O |

16 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

OS CONSUMIDORES de Monforte retratan ós seus conxéneres comerciantes como especímenes brutotes, pagados de si mesmos e incapaces de entender o que reclaman os novos tempos. Así se deduce dunha enquisa sobre o comercio local pagada, e curiosamente, divulgada polo propio sector. A moda de darlle caña ó comercio local vén de lonxe e non entende de idades nin de ideoloxías. A campaña retroaliméntase periódicamente con psicodramas públicos alimentados polos propios comerciantes, que buscan, e non dan atopado, a fórmula máxica para deixar de aparecer diante dos seus modernos clientes como remedos do pai de Manolito, o troglodítico tendeiro galego de Mafalda. Pois a fórmula non dá aparecido. E os consumidores cada vez se desesperan máis. Eu tamén estou confuso ¿Por que non pode o comercio monfortino pagarse un cento de dependentes que lles abra as tendas todos os días do ano? ¿Por que non venden as mercerías roupa de Zara? ¿Por que, a ver?