DESDE EL ADARVE
07 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.AS EXPOSICIÓNS que se poden ver durante este mes na Deputación e no Museo Provincial deberían ser de obrigada visión para tódolos lucenses e visitantes, aínda que non souberan nada sobre arte contemporánea. Son mostras que poñen o gravado nunha categoría artística de primeira liña. Por calidade, a do Pazo Provincial, gracias á Fundación La Caixa, é unha colección de obras de grandes nomes da arte española dos últimos trinta anos. Son gravados maduros e reflexivos, onde cada artista dialoga coas cores, as composicións, as texturas, en definitiva coa propia arte. Pola súa parte, a exposición do Museo sobre o Grupo 15 destaca pola curiosidade e por ser a primeira vez que en España se fai un repaso do que significou este colectivo na difusión da arte. A mostra serve para ver cómo evolucionaron as tendencias artísticas dende os pasados anos setenta.