TESTEMUÑO | Un referente na tradición musical chantadina

La Voz

LEMOS

Se alguén pode saber algo dos Barrios é Moncho Faílde. Membro dos Brandiam, fundador do grupo de gaitas Val do Asma (antes da súa integración na órbita de Xose Lois Foxo) e investigador; cando menos da gaita. Hai uns anos preparou unha reportaxe sobre o mundo da gaita galega para unha revista bretona na que por suposto aparecían Graciano Argiz e Os Barrios. «Graciano é o alma máter do grupo e compositor de moitas das súas pezas orixinais. Son unha institución dentro da música tradicional galega e foi unha falta de detalle que non os invitaran as festas de Chantada e o pior de todo é que pouca xente os botou en falta» conta Faílde. Asegura que si existe unha influencia da súa estela na creación musical chantadina. El mesmo recorda que de pequeno descubríu a gaita cando Os Barrios tocaban na festa da empanada. Hai anos participaron dunha homenaxe ós Barrios e na actualidade todavía tocan nos seus concertos dúas pezas orixinais deles, o Pasodoble de Esperante e un vals interpretado por dúas gaitas soas. É a súa homenaxe permanente.