Touros, outra vez

La Voz

LEMOS

FOGONAZO CARLOS CORTÉS | O |

11 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

IDEAS, E NON CARTOS. É o que necesitan nas comisións de festas. Algo pasa cando o único que se nos ocorre cando queremos facer unhas festas fetén é montar unha corrida de touros. Este ano toca en Baralla e en Chantada, sitios os dous nos que este asunto ten tanta tradición como un sanfermín en Noruega. Os touros son un espectáculo discutible. pero non só iso, tamén resulta caro e ten unha demanda moi relativa. Entón, ¿a santo de que?