FOGONAZO | O |
07 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.SEN AGARDAR os cen días de rigor para valorar gobernos, en Monforte xa vai estando clara a receta BNG-PSOE: quedar ben sen gastar un can. Coas arcas do concello derretidas polo furor preelectoral dos seus predecesores, ós novos xestores municipais non lles queda máis que sacarlle brillo á brigada de obras e afinar cos xestos. O éxito popular e mediático da elección democrática dos pedáneos demostra que é posible gobernar sen cartos.