Un escándalo por aclarar

La Voz

LEMOS

FORO ABIERTO | O |

10 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SOMOS OPOSITORAS ó Corpo de Auxiliares Administrativos (grupo D) da Xunta que estabamos presentes o domingo día 6 no Palacio de Congresos de Santiago, e queremos face- lo noso relato do que alí aconteceu en realidade. O venres 4 xa había rumores de que as cuestións da proba de informática estaban filtradas. Con estas noticias chegamos a facer o noso exame. Dividennos en grupos e cando os primeiros opositores saen de examinarse, hai grupos que aínda están na rúa esperando que os chamen; así, prodúcense cruzamentos de información sobre o exame. Entón, vemos que no interior da sala de exame hai xente que coñece as respostas ás 22 preguntas formuladas. A partir de aquí, os opositores que esperan no salón de actos, dánlle conta de estas irregularidades ó presidente do tribunal. O presidente non estima oportuno suspende-la proba e tenta seguir co chamamento. A sublevación das case 1000 persoas pendentes de examinar impídeo. O tribunal reúnese e decide continua-lo proceso. Chega a policía. Insinúase que os opositores pendentes mesmo están en vantaxe respecto os xa examinados; o tribunal insta a continuar coa proba. Os opositores néganse e chega a directora da Función Pública de Galicia asumindo a decisión de seguir examinando a pesar de todo. Nese momento os opositores saen ó corredor e, a través da cristaleira do vestíbulo, amosan escritos onde figuran as respostas correctas da proba que poden ver os medios de comunicación. É entón cando o presidente do tribunal volve, recoñece as irregularidades e comunica a anulación da proba. Para nós, estivo claro que todo isto ía máis alá dun problema técnico: hai un erro básico de organización das quendas e indicios serios de filtación. Alguén fixo algo ou miotas cousas mal feitas ... Visto o visto, o tribunal deste proceso non merece credibilidade. Tres participantes de Monforte nas probas .