Terra adentro O escultor Pepe Barxa inaugurou o venres unha exposición na Galería Sargadelos. O mesmo día, o conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte despedíu o curso cunha festa
21 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A Galería Sargadelos de Monforte acolle dende o pasado venres unha mostra de esculturas de Pepe Barxa. Unha das obras máis coñecidas deste artista natural de O Saviñao é a escultura do Cristo do retablo da igrexa de Escairón. Na Galería Sargadelos poderanse contemplar pezas esculpidas en pedra, madeira ou ferro. A exposición permanecerá aberta ata o próximo 20 de xullo. O Conservatorio Mestre Ibáñez de Monforte, dirixido por Fernando Sanmartino, clausurou o venres pasado o curso 2002-2003. E fíxoo cunha festa celebrada no mesmo edificio multiusos, onde ten a súa sede. Alumnos, profesores, pais e amigos reuníronse dende as oito da tarde para despedirse ata o comezo do curso próximo. A ocasión foi aproveitada polos xoves intérpretes para demostrar o nivel acadado durante o ano, que obedecendo ós aplausos con que o público os premiou, foi moi alto. Entre os que non se perderon a cita estaba o novo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. ? Unidade de drogodependencias de Monforte organizou un obradoiro con nenos sobre o abuso de medicamentos e que empregou como base a canción «A mi burro». O resultado foron uns debuxos que están expostos no edificio multiusos de Monforte.