Terra adentro Dous escolares de Sarria gañaron unha bicicleta nun concurso narrativo de Caixanova e o Divina Pastora de Monforte levou os pequenos ó monte
12 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O concurso literario sobre lendas galegas organizado por Caixanova e no cal participaron 15.000 rapaces de toda Galicia, xa ten gañadores. Dos doce premiados, dous son alumnos do colexio La Asunción de Sarria: Miguel Ángel Farelo pola historia Santa Compaña e Beatriz Infante, quen firmaba a narración titulada Castelo dos Infantes. Ambos gañaron ca súa imaxinación e calidade narrativa unha bicicleta que lle foi entregada en persoa polo director da sucursal de Caixanova en Sarria José María Muñoz. As actividades relacionadas co Día da árbore continúan no colexio Divina Pastora de Monforte. Onte, un grupo de cincuenta alumnos de 4º de Primaria e 1º de Secundaria subiron andando ó monte Marroxo acompañados de varios docentes, entre eles Ana Rodríguez e Nuria Fernández. O obxectivo da excursión era coñecer in situ o dispositivo antiincendios de Monforte e observar os efectos da repoboación forestal acometida nestes montes. Un técnico da consellería de Medio Ambiente xa lles puxera ó tanto das accións reforestadoras durante unha conferencia celebrada no colexio no día da árbore. Onte, eles mesmos poideron comprobar o resultado. O pasado sete de xuño inaugurouse na rúa Corredoira 33 de Monforte, Bricodecor, unha tenda de decoración vinculada á empresa líder en decoración Mundo Bruguer. O establecemento conta cun sistema de simulación de cores único en Galicia, e que lle permite ó cliente comprobar o efecto das cores escollidas.