A TRIBUNA CRISTINA DE LA TORRE | O |
02 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.BOTAR UN vistazo por vez primeira a Monforte significa encontrarse cunha vila de moi boas intencións pero onde falta definir (que dirían os do fútbol). Adoquíns e neumáticos; cisnes e retroexcavadoras; galerías e carpintería metálica. Os contrastes son tantos que doblar cada esquina é unha sorpresa onde as cousas están a medio camiño de ser o que parecen. A peatonalización e algunhas fachadas recuperadas demostran que o casco vello está na boa dirección. A maquinaria pesada que convive cos patos do Cabe anuncia un agradable paseo fluvial. Os comercios de diseño con portadas de pedra demostran un urbanismo máis responsable. Non hai dúbida, en Monforte hai plans e se está a definir o seu carácter. Coches (moitos coches), rúas semi-desertas e ferreterías que ben valerían como museos da revolución industrial, completan esta primeira impresión. O intenso tráfico evidencia que estamos a medio camiño de moitos sitios, pero Monforte é un centro. Unha illa coronada cunha pausa no tempo e no espacio. Dende a Torre da Homenaxe contemplamos horizonte e descubrimos que ós nosos pés se moven algo máis que boas intencións.