Gracias

La Voz

LEMOS

A TRIBUNA ANXO MOURE | O |

30 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AGRADECIDO E desbordado polas chamadas de apoio (máis de trinta asociacións, sindicatos, ONG, mestres, escritores, contacontos, veciños....), quero desviar esta solidariedade cara ó silencio no que morren os inimigrantes que se afunden na procura do paraíso da ¿liberdade?, ós bosques, ás fervenzas, que son queimados, cegados, na procura da ¿liberdade? (enerxética, claro). Non hai dúbida de que o noso pequeno conto dun paxaro e dun porquiño que saían dos libros para dicir que o lobo non era malo, que malas eran guerras e as mareas negras é hoxe un conto vivo. E non hai dúbida de que todo iso é gracias ás persoas que loitan para que a liberdade non figure entre interrogacións, senón que sexa un berro, unha cantiga libertaria. Eses mesmos nenos da gardería de Chantada, que viron como ducias de homes armados a arrodeaban o día da súa inauguración para que os políticos puideran facer campaña, que se asustaban entre os sorrisos hipócritas dos poderosos, mentres as armas apaleaban a liberdade, algún día verán como as árbores que lles dan sombra cantan esa cantiga da liberdade sen temor a ser taladas. Gracias a Amnistía Internacional, ós ecoloxistas, ás ONG, ós okupas da Casa Encantada, a todos os partidos políticos (menos o PP), ós sindicatos, ós xornalistas, a Xosé Miranda.... Eu tamén vos quero.