«Hai outras formas de solucionar os problemas»

La Voz

LEMOS

Manuel Díaz Ares, militante ecoloxista e membro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, foi un dos firmantes do manifesto de apoio á candidatura do BNG. -No meu entorno observei que a xente quería un cambio, que estaba cansa xa da apatía de Monforte. Percibiuse que hai outras formas de solucionar os problemas e que a lista do BNG daba a talla. -¿Traducirase ese novo estilo no medio ambiente? -Hoxe hai moitas axudas para o fomento das enerxías alternativas que ata de agora foron desaproveitadas. Limpeza e medio ambiente ten que deixar de ser a concellería sucia . Pódemos lavarlle a cara ó municipio con fórmulas que sexan rendibles.