Balneario

LEMOS

FOGONAZO | O |

25 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DESPOIS DE varios anos de paralización, parece que se pon finalmente en marcha a reconstrucción do vello balneario do Incio. O histórico hotel da Ferrería xa debería estar hai tempo en pleno funcionamento, segundo as previsións que manexaba a Xunta na pasada década e que frustraron de forma estrepitosa. Haberá que cruzar os dedos, a ver se desta vez vai todo ben.