Canal único

La Voz

LEMOS

A TRIBUNA FRANCISCO ALBO | O |

15 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

EN PLENA revolución das comunicacións, unha boa parte da Ribeira Sacra acaba de padecer un importante retroceso audiovisual que a coloca case a mediados do pasado século. O feito de non poder sintonizar no televisor outro sinal que o de TVG -como sucede en varias parroquias de Pantón, Chantada e Carballedo- é un pouco como volver aos anos 60, cando nestas terras non se podía ver máis que un único e absoluto canal de televisión. Hai que sinalar que ata hai algún tempo, os veciños destas zonas dispoñían tamén dos dous canais de TVE -o sinal das cadeas privadas nunca lles chegara-, pero un recente cambio de frecuencia privounos desa posibilidade. Se isto segue así, pode ser que outro repentino cambio de frecuencia faga desaparecer tamén das súas pantallas ese único canal que ven agora. Peculiaridades do progreso tecnolóxico en Galicia. Cando o Goberno autonómico fala de levar Internet ata as aldeas máis apartadas e remotas, aínda hai moitos lugares que, no que respecta ás telecomunicacións, gozan dun nivel similar ao dos tempos aqueles do Seat 600. E se cadra acabar volvendo a ter que usar a radio de galena.