Supernova

La Voz

LEMOS

TRIBUNACARLOS CORTÉS | O |

31 mar 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

POUCO A POUCO vanse sabendo as cousas. A día de hoxe, en Chantada xa teñen claro que van poder votar a catro candidaturas, que serán cinco en canto Iniciativa Galega o confirme. Iso como mínimo, que os chantadinos son moi bravos para estas cousas.Os independentes van saíndo pouco a pouco do armario no que levaban tres meses metidos, agardando a que o BNG lles dixese que si. O seu portazo coloca ó Bloque na tesitura dunha división en apariencia calcada da que hai de dez anos acabou por parir a Chantada Nova.O 25 de maio saberemos se a cousa é para tanto. Mentres tanto, podemos ir facendo cábalas e constatando semellanzas e diferencias entre a incógnita que aínda son os Independentes por Chantada e aquel vendaval que acabou por sentar a un alcalde de esquerdas na alcaldía. Claro que, para facer cálculos con xeito, cómpre ter todos os datos. Cómpre saber, por exemplo, se esta Chantada Supernova ten xa quen lle faga o logotipo. Porque o sol aquel de Chantada Nova era cousa, creo recordar, de Fernando Varela. E, hoxe, digo eu, Fernando Varela non está polo labor.