«Necesitamos unidade para promocionarnos»

Carlos Cortés
Carlos Cortés CHANTADA

LEMOS

? asociación de Amigos do Entroido Ribeirao abandeira a recuperación do carnaval tradicional de Chantada. Juan Carlos González preside este colectivo, que ten tres anos de existencia e noventa socios, sobre todo de Chantada, pero tamén de fóra. -¿Quedaron contentos das festas deste ano? -Moi contentos. Foi todo de marabilla. -¿Nótanse xa estes tres últimos anos de traballo? -Eu creo que si. Este ano disfrazouse de meco bastante máis xente que o ano pasado, e moita máis xente que hai tres anos, cando fixemos a asociación. Para que todo o mundo se faga unha idea, o primeiro ano sacamos tres volantes. Esta vez houbo doce. Nós notamos ademáis cada vez hai máis xente de fóra que descubre o Entroido Ribeirao. -Si, e eu apláudolles a decisión que teñen para organizar o seu entroido. De tódolos xeitos, eu penso que eles cada ano que pasa teñen menos resistencia a colaborar cos demáis. Nós temos claro que este entroido necesita unidade para promocionarse. -A xente nova cada vez participa máis. -Este ano tocou además feitura de traxes, e os rapaces traballaron arreo niso. Bueno, traballaron dacordo cos medios que temos, que son contados. Ese é o noso primeiro problema. Se puidésemos dispoñer de máis cartos tamén fariamos máis volantes dos grandes. -E que poden facer para solucionar iso? -Non é doado. Estamos pensando en poñer unha cuota, aínda que sexa simbólica ós nosos socios. Das administracións é difícil sacar máis. O Concello de Chantada apoia, pero na medida das súas posibilidades, que son limitadas.