Os alumnos do colexio monfortino Divina Pastora escribiron o sexto episodio de Unha historia de Lemos, continuando a iniciativa que promoven o Centro Comarca Expolemos e La Voz de Galicia. Nesta ocasión foron 22 escolares de terceiro de primaria - Vanesa, Lucas, Lara, Beatriz, Gabriel, Marine, Román, Nieves, Samantha, Pablo, Lidia, Diego, Lúa, Alejandro, Domingo, Iria, Carlos, Antonio, Jayro, Cristián, Jacobo y Erickson- os encargados de engadir outro capítulo á narración que iniciou o escritor Lois Diéguez. Antecedentes O relato, continuado por alumnos de varios centros da comarca, conta as aventuras de Eimer, unha rapaza da tribo de Marce, que loita contra a invasións dos Ianqs ou señores da guerra. Na anterior entrega, que discorría no Saviñao, Eimer e os seus amigos refuxiáronse no Monte da Morá ante o avance dos Ianqs. A aparición de sete paxaros brancos que intentan trabar amizade cos heroes pechou o quinto episodio. A continuación é a seguinte. O novo capítulo Dentro do grupo había alguén que desconfiaba dos sete paxaros brancos, tratábase de Cernún, que xa vira as maldades das que eran capaces os Ianqs e non se fiaba para nada deles. A pesar diso acolléronos e pasaron uns días todos xuntos no castro arranxando as paredes e as pallozas, ata que todos se convenceron das boas intencións dos novos compañeiros. Namentras o mago Fins atopara no bosque un ingrediente da poción que acabaría cos Ianqs, a "margarida rubí", e volvendo á súa forma humana foille-lo levar ós monxes que vivían no Mosteiro de San Vicente do Pino, que eran os únicos que coñecían a fórmula para elabora-la poción máxica.Usando os seus poderes de telepatía o mago localiza a Eimer e ós demáis e dase conta de que algo non vai ben, hai tres paxaros que son espías dos Ianqs. Rapidamente comunícase con Eimer e dille:-Tedes que fuxir do Castro, porque os vosos inimigos vanvos atacar coa axuda dos tres paxaros traidores.Montados nos catro aparellos voadores amigos, escapan e reúnense co mago no Mosteiro da cidade de Monforte de Lemos. Estando no pobo, Eimer foi co seu cabalo ata o río Cabe, a darse un baño; mentres se estaba a bañar viu unha cousa moi brillante que baixaba polo río arrastrada pola corrente.-¡Oh! ¿Non será iso que brilla outro ingrediente da poción máxica? E así era, tratábase do "nenúfar zafiro", que era o segundo ingrediente para a fórmula do mago Fins.A rapaza vaille levar ós monxes o segundo ingrediente e eles dinlle que o terceiro podería estar no Castro do Castelo Pequeño, pero Fins, co seu poder de telepatía entérase de que algo malvado protexe o Castro, dase de conta de que un pequeño batallón de Ianqs conquistou o Castro.Os monxes dinlle que para vencer ós inimigos que están no Castro deben ir antes a Bascós, onde viven o ferreiro Xoán e o curtidor Casar que lles fabricarán armas de ferro, como espadas e frechas, e armaduras de coiro de dragón, que son a especialidade de Casar. Emprenden viaxe cara a Bascós nos paxaros brancos, pasando por riba de Reigada e do monte do Pedrouzo, mentres sobrevoan As Fontes non poden evitar pensar si serán capaces de derrotar ós Ianqs do castro de Castelo Pequeño, para facérense co terceiro ingrediente da poción máxica que derrotará a tódolos seus inimigos e devolverá a paz e a prosperidade ó seu fermoso país».