A historia de Lemos, no Saviñao

La Voz

LEMOS

ÓSCAR CELA

06 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? cuarto capítulo de «Unha historia de Lemos» -idea promovida polo Centro Comarcal Terra de Lemos e La Voz de Galicia- foi escrito polos nenos de 5º e 6º de primaria do C.E.I.P. de Currelos. Os alumnos participantes foron: Sabela, Lucía, Jesús, Noelia, Jeanette, Rubén, Uxía, Jordan, Daniel, Bruno, Eva, Hugo, Rubén, Miguel Teijeiro, Fernando e Miguel Toubes. Nos tres capítulos anteriores, Eimer, a rapaza da tribo de Marce, co seu cabalo, o mago Fins, o rei Vincent e outros personaxes amigos, loitaron contra os señores da guerra, (os ianqs), que lles atacan dende o aire. Os capítulos anteriores discurriron por terras de Pantón e Marce. Oos nosos personaxes chegaron ó Saviñao escapando dos Ianqs e montados sobre unha águia. Apareceron en Vilacaiz e Forcados. E así continúan os rapaces de Currelos. Cuarto capítulo Montados na águia, e escapándolles ós Ianqs, chegaron ó Saviñao. Guiados polo arco da vella, foron parar á parroquia de Vilacaíz, e alí encontráronse cuns rapaces. Os xacios fóronlles preguntar onde se atopaban, e eles responderon que estaban en Vilacaíz. Despois deron un paseo pola zona. Xa á noitiña un rapaz ofreceulles pasar esa noite cos seus pais. Cando acabaron de cear, os pais do rapaz preguntáronlles de onde viñan, e eles responderon que de Marce. Ó día seguinte Eimer preguntoulle ó rapaz se sabía dalgún sitio seguro para pasar a noite e os pais do rapaz dixéronlle dun castro que estaba en Forcados, pero para iso terían que cruzar polo monte enfeitizado, segundo unha antiga lenda que contaba que un home contaminara unha fonte milagreiraque era sagrada para o pobo de Sta. María do Campo e aforcárono e dende aquela chamáronlle ó pobo Forcados e ó monte Sta. María do Campo. Neste monte había seres moi estraños coma zombis, homelobos, etc... e tamén estaba a fonte da que xa falamos. Todo isto enchía de riscos cruzar aquel bosque, pero eles, que sempre se sentiron valentes, atrevéronse igual, así que nin cortos nin perezosos, puxéronse en marcha.