? proxecto de Iniciativa Galega serveulle a Anxo Rodríguez para se reencontrar con antigos compañeiros. É o caso de Celestino Torres, o ex alcalde de Monforte, do que ten a mellor das opinións. «Celestino Torres é un dos personaxes políticos máis coherentes e honestos da provincia de Lugo». É, pensa Anxo Rodríguez, un exemplo para toda a clase política da provincia. «En Lugo falta preparación política. É necesario reactivar a vida política dos concellos e poñer neles a xente que non estea permanentemente á espera do que diga o líder do partido de turno». Iniciativa Galega está a ter un eco especial no sur da provincia, e sobre todo na comarca de Monforte. O seu coordenador pensa que a explicación está en que nesa zona «a xente se está dando conta de que o PP se limita a facer política electoral, cando dende os concellos o que hai que facer e política continuada, día a día».Iniciativa Galega prepara o seu congreso constituínte. Aínda non ten data concreta, pero será entre febreiro e marzo. «Será -dice Anxo Rodríguez- un congreso provincial e, se é posible, tamén un congreso galego. Aí se marcarán as liñas políticas do partido».Os promotores desta nova formación política son moi conscientes do especial momento político que vive Galicia, co encademento de acontecementos sucedido tralo desastre do Prestige , pero negan calquera insinuación de oportunismo. Anxo Rodríguez non quere sequera valorar a difícil situación pola que atravesa o PP. «A crise do PP é un problema do PP».En todo caso, o coordenador de Iniciativa Galega admite que este é un bo momento para eles. «Pero non -precisa- polo Prestige nin tampouco pola crise do PP, senón porque xa cunde a sensación de que a política que se fai en Galicia é errada. Estase a facer política de Madrid a Galicia, en vez de ó revés. Igual que se fai polítican dende a Xunta ós concellos, en vez de ó contrario».