Nenos e xoves poderán asistir a un obradoiro de cabazas iluminadas Unha exposición abrirá a partir de mañá o Outono Fotográfico na Casa da Xuventude
30 oct 2002 . Actualizado a las 06:00 h.A partir das seis da tarde de hoxe, nenos e adultos terán ocasión de participar na recreación dun samaín , antigo nome céltico da festa das cabazas que se celebraba tradicionalmente en Galicia e noutras moitas zonas de Europa ó chegar a festividade de Santos, similar ó halloween dos países anglosaxóns. Entre as actividades previstas con este motivo na Casa da Xuventude de Chantada figura un obradoiro de confección de cabazas iluminadas. Imaxes de Los Suaves Por outro lado, coa chegada do mes de novembro comezan neste mesmo centro as actividades do Outono Fotográfico. Para mañá está previsto inaugurar a exposición Días nocturnos, que recolle imaxes dunha xira da célebre banda ourensana de rock Los Suaves realizadas pola fotógrafa Eva Domíngez A Casa da Xuventude, ademais, abrirá o próximo día 21 a exposición que recollerá os traballos presentados ó certame fotográfico de outono, no que poderán participar persoas de ata 30 anos. O prazo de admisión de fotografías estará aberto ata o día 20 e o tema será libre, aínda que haberá un trofeo especial para imaxes sobre a natureza. As tres mellores fotografías serán premiadas cun reproductor de CD, uns prismáticos e unha cámara fotográfica. As inscricións deben realizarse en horario de tarde na Casa da Xuventude, onde se facilita información sobre o concurso