O PSOE e o BNG levarán o caso ó Senado e ó Congreso

La Voz

LEMOS

16 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O senador socialista lucense Luis Ángel Lago Lage considera que a actuación da Fiscalía pon de manifesto a existencia dun problema digno de consideración en San Vicente e afirma que hai indicios de «posibles intervencións agresivas con este entorno e o seu patrimonio histórico». Por este motivo pide ó Ministerio de Cultura forme unha comisión de expertos -integrada por historiadores, arquitectos, restauradores e outros especialistas- para que esta examine as actuacións levadas a cabo no conxunto monumental monfortino. Lago pide ademais que se esclarezan as posibles responsabilidades. Por outro lado, o parlamentario nacionalista Francisco Rodríguez presentou á Mesa do Congreso dos Deputados unha pregunta sobre a posición de Turespaña con respecto ó «aluvión de críticas e denuncias, incluso xudiciais» relacionadas coa actuacións que foron levadas a cabo en San Vicente.