A revista chantadina «Alén parte» comenzou a súa andadura no 92 e agora continúa en formato dixital Hai dez anos que un grupo de xente de Chantada decidiu poñer en marcha un proxecto cultural en forma de revista chamado «Alén parte». Dúas etapas, unha do 92 ó 93 e outra do 98 ó 2001, máis un novo intento de retomar en formato dixital conforman a historia desta publicación que pretende ser aberta e plural, máis alá de localismos e cuestións políticas. Oito números en papel, mesas redondas e diversas actividades culturais foron algunhas das iniciativas que levou a cabo a cabeceira nos seus dez anos de existencia. 10
19 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.No mes de maio de 2002 apareceu en Chantada a revista Alén parte . Dez anos despois, a publicación segue viva, aínda que nun distinto formato. Pasou do papel ó soporte web e duns contidos cunha clara vocación ideolóxica ó puramente cultural. Naqueles anos, a agrupación Chantada Nova, unha escisión do BNG, colaborou na elaboración dun número cero, que levaba por subtítulo «revista de información e debate». Algúns deles participaban tamén en Achantada , cabeceira que xurdiu polas mesmas datas. Esta primeira etapa de Alén parte continuou ata agosto do 93, período no que saíron catro exemplares e puxéronse en marcha outros proyectos coma mesas redondas, nas que interviron personalidades como o intelectual Isaac Díaz Pardo ou o economista Ramón López Suevos. Unha charla sobre José Vázquez Veiga, O Piloto , o último resistente dunha guerrilla que actuaba entre a Serra do Faro e Monforte e que foi morto pola Guardia Civil en 1965, foi un dos actos máis soados que organizou a xente do alén. Charlas sobre o viño, a leite, as crenzas, a situación nos cárceres ou a insubmisión completaron esta primeira andadura. Retomaron a iniciativa no ano 98, tamén no mes de maio, con outros catro exemplares até abril do ano pasado. Dende 1998, Alén parte participa, en colaboración coa asociación Café das Artes, na organización do certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, un innovador e pioneiro concurso literario que xa vai este ano pola súa tercera edición. Tras estes dez anos de rupturas e altibaixos, o espíritu de Alén parte mantense con debates, artigos e colaboración literarias de diferentes autores na páxina web www.geocities.com/alemparteweb/.